luns, 16 de maio de 2016

O TRANSPORTE EN VIVEIRO

O TRANSPORTE EN VIVEIRO

Este traballo de reportaxe consistiu en facerlle unha enquisa a 50 persoas de Viveiro sobre o transporte que circula pola vila. Amosámovos os resultados:
A primeira pregunta era: Que transporte contamina máis en Viveiro? Estas foron as respostas:

A maior parte da xente contestou a moto, que se leva o primeiro premio no que máis contamina en Viveiro cun 44% de votos. Despois de preguntarlle á xente o porqué contestaron que había moitas e que expulsan máis gases contaminantes que os coches. A moto leva o primeiro premio por enriba do coche cun 29% dos votos e do autobús cun 27% dos votos.

A segunda pregunta era: Qué transporte público crees ti que  é o máis utilizado en Viveiro? A xente contestou:
A maioría da xente contestou que o medio de transporte público máis utilizado era o autobús cun 40% dos votos seguido do tren con un 38% dos votos. Son os medios máis utilizados en Viveiro e por ultimo, o taxi que  é o medio de transporte en Viveiro que menos se utiliza.

A terceira pregunta é: Que transporte público utilizas máis o taxi ou o autobús ou ningún? Estas foron as respostas.

Aquí podese ver como a xente utiliza os dous medios de transporte por igual. Os dous medios quedaron con un 40% dos votos, por enriba da xente que non utiliza ningún cun 20% dos votos. A xente de Viveiro utiliza bastante os medios de transporte públicos, xa que entre estes dous o 80% de 50 personas, utiliza algún medio de transporte entre estos.

A cuarta pregunta é:  Ti cres que nun futuro haberá un transporte creado polo ser humano que non contamine? As respostas son estas:

A maioría de persoas dixo que sí polo que gañou cun 76% dos votos, a xente que cría que si que será posible o de ter un coche que non contamine, a xente ve esta resposta xa que a maioría de cientificos din que será posible isto. Gañaron fronte a un 24%  dos votos de persoas que non cren que isto suceda.

A quinta pregunta é: Que transporte cres ti que provoca mais accidentes en Viveiro entre o coche ou a moto?

A maioría da xente dixo o coche cun 82% dos votos, porque e o medio de transporte que máis accidentes produce en Viveiro. A moto quedou en segundo posto.

A sexta pregunta é: Cres que é favorable facer un carril-bici? Estas foron as respostas:




A maioría da xente dixo que si que seria favorable.  Nós saímos á rúa a preguntarlle a xente o porqué? E contestáronnos: Que sí, que sería moi bonito ver a Viveiro cun carrilbici e ir paseando cos teus fillos na bicicleta sen ter que ir pola estrada. Pero a demais xente non lle gustou a idea pero quedaron en inferioridade cun 36% dos votos frente a un 64% dos votos.

A sétima pregunta é: Cres que o novo trazado de circulación que cambiaron en Viveiro é mellor ou peor? Estas son as respostas:
Esta pregunta foi a mais reñida de todas xa que quedou igualado o gráfico porque a xente pensa igualmente que é peor e a demais pensa que é millor polo que é a pregunta máis reñida de todas.

A oitava pregunta di así: Qué transporte utilizas mais o público ou o privado? Estas foron as respostas:

O transporte que máis se utiliza é o privado cun 76% dos votos pasou por enriba do público que acabou cun 24% dos votos.

A última e novena pregunta di: Con que frecuencia utilizas os medios de transporte públicos ( mensualmente,todos os días ou anualmente). Estas foron as respostas:


Así quedan as últimas respostas gañando mensualmente cun 42% dos votos, de seguido vai anualmente cun 30% dos votos e logo todos os días cun 28% dos votos. Polo que  a xente utilizaos máis mensualmente que as demais respostas posibles.

Tarefa de Lucía, Valeria e Javier. 1º A

Ningún comentario:

Publicar un comentario