sábado, 28 de maio de 2016
luns, 23 de maio de 2016
OS REFUXIADOS
Os refuxiados
Refuxiado (segundo a wikipedia): O
asilo humanitario é a práctica de
certas nacións de aceptar no seu chan a inmigrantes
que se viron obrigados a abandonar o seu país de orixe debido ao perigro que
corrían por causas raciais,
reliHYPERLINK
"https://es.wikipedia.org/wiki/Religión"xHYPERLINK
"https://es.wikipedia.org/wiki/Religión"iosas,
guerras
civHYPERLINK
"https://es.wikipedia.org/wiki/Guerras_civiles"íHYPERLINK
"https://es.wikipedia.org/wiki/Guerras_civiles"s,
catástrofes
naturaHYPERLINK
"https://es.wikipedia.org/wiki/Desastre_natural"iHYPERLINK
"https://es.wikipedia.org/wiki/Desastre_natural"s,
etc.
Os refuxiados vense forzados a fuxir porque non
dispoñen da protección necesaria por parte do goberno do seu propio país.
No século XX a inmigración afectou a 17 millóns de
persoas.
Def. Refuxiado século XX:”a persoa que debido a fundados
temores de ser perseguida por motivos de raza, relixión, nacionalidade,
pertencia a determinado grupo social ou polas suas opinións políticas,
se encontra fóra do país da súa nacionalidade".
-EAPN Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, representantes
de máis de 160 organizacións de acción: O 46,8 % da cidadanía galega non marca o casilleiro de fins sociais:
Un total de 596.995 contribuíntes non marcan ningún
casilleiro, nin de Fins Sociais nin da igrexa. Se estas persoas marcaran o X
de Fines Sociais recadaríanse 26,6 millóns de euros. Marcar un casilleiro non
significa que se paguen máis impostos ni lle devolven menos, dos impostos que
tocan pagar, o Estado permite que a persoa contribuínte decida a quen lle
quere destinar o 0,7% dos impostos que teñen obriga de pagar.
-Marca a casiña:)
DATO:Só hai un país o cal que está tratando bastante ben os
refuxiados: España; pola contra, outros países, o único que fan é dicir que non é respondabilidade deles. Exemplo destes países temos a Grecia que os agrupa en
centros e dálles de comer, un teito e roupa. Pero claro isto non se proporciona
gratis e estase a quedar sen comida, nin bebida etc.
-Nós tamén fomos refuxiados
Durante a Guerra Civil existiu o exilio republicano
español. O exilio republicano español refírese o conxunto de cidadáns españois
que, durante a Guerra Civil española de 1936 a 1939 e á inmediata posguerra,
víronse forzados a abandonar a súa terra natal e desprazarse a outros países,
por motivos políticos e ideolóxicos, ou por temor ás represalias por parte do
bando vencedor e do réxime político autoritario instaurado en España,
permanecendo no estranxeiro ata que a evolución das circunstancias internas do
país lles permitiu regresar
paulatinamente, aínda que foron moitos os que finalmente se integraron nas
sociedades que lles deron refuxio, contribuíndo nalguns destacados casos ao seu desenvolvemento.
(inmigrantes españois chegando a Venezuela)
-Refuxiados actuais
Os refuxiados actuais proveñen de Siria, país que está en
medio dunha guerra civil que empezou aproximadamente no 2010 e que enfronta “
as forzas armadas de Siria, do Goberno do Basha Al-Asad” contra a “oposición
Siria” un grupo de terroristas que quere botar a o presidente do poder. Pero
tamén son refuxiados porque actualmente Siria é un dos países con máis
exércitos armados e máis perigosos, terroristas. Un destes son Al Qaeda e o
Estado Islámico.
Dato:Actualmente hai unha cantidade de 4.837.208 refuxiados
Hoxe en día...
A violencia está moi mal vista. Demóstrase, por exemplo
no vídeo da periodista que lle fai unha cambadela a un refuxiado. Esta ao final
acabou despedida e o refuxiado sendo un adestrador dun equipo importante da
liga española. Pero demóstrase que as persoas emociónanse máis ao ver imaxes como esta que cando escoitan que están morrendo persoas.
Isto hoxe en día é un mal moi grande. Dado que lles afecta
máis á persoas un vídeo, que un artigo ou unha información sobre o que acontece.
Laura Rubal e Xoel, de 1º A.
Nota da profesora; (Esta é a visión que teñen estes alumnos sobre os refuxiados)
luns, 16 de maio de 2016
O TRANSPORTE EN VIVEIRO
O TRANSPORTE EN VIVEIRO
Este traballo de reportaxe consistiu en facerlle unha enquisa a 50 persoas de Viveiro sobre o transporte que circula pola vila. Amosámovos os resultados:
A primeira pregunta era: Que transporte contamina máis en Viveiro? Estas foron as respostas:
A maior parte da xente contestou a moto, que se leva o primeiro premio no que máis contamina en Viveiro cun 44% de votos. Despois de preguntarlle á xente o porqué contestaron que había moitas e que expulsan máis gases contaminantes que os coches. A moto leva o primeiro premio por enriba do coche cun 29% dos votos e do autobús cun 27% dos votos.
A segunda pregunta era: Qué transporte público crees ti que é o máis utilizado en Viveiro? A xente contestou:
A maioría da xente contestou que o medio de transporte público máis utilizado era o autobús cun 40% dos votos seguido do tren con un 38% dos votos. Son os medios máis utilizados en Viveiro e por ultimo, o taxi que é o medio de transporte en Viveiro que menos se utiliza.
A terceira pregunta é: Que transporte público utilizas máis o taxi ou o autobús ou ningún? Estas foron as respostas.
Aquí podese ver como a xente utiliza os dous medios de transporte por igual. Os dous medios quedaron con un 40% dos votos, por enriba da xente que non utiliza ningún cun 20% dos votos. A xente de Viveiro utiliza bastante os medios de transporte públicos, xa que entre estes dous o 80% de 50 personas, utiliza algún medio de transporte entre estos.
A cuarta pregunta é: Ti cres que nun futuro haberá un transporte creado polo ser humano que non contamine? As respostas son estas:
A maioría de persoas dixo que sí polo que gañou cun 76% dos votos, a xente que cría que si que será posible o de ter un coche que non contamine, a xente ve esta resposta xa que a maioría de cientificos din que será posible isto. Gañaron fronte a un 24% dos votos de persoas que non cren que isto suceda.
A quinta pregunta é: Que transporte cres ti que provoca mais accidentes en Viveiro entre o coche ou a moto?
A maioría da xente dixo o coche cun 82% dos votos, porque e o medio de transporte que máis accidentes produce en Viveiro. A moto quedou en segundo posto.
A sexta pregunta é: Cres que é favorable facer un carril-bici? Estas foron as respostas:
A maioría da xente dixo que si que seria favorable. Nós saímos á rúa a preguntarlle a xente o porqué? E contestáronnos: Que sí, que sería moi bonito ver a Viveiro cun carrilbici e ir paseando cos teus fillos na bicicleta sen ter que ir pola estrada. Pero a demais xente non lle gustou a idea pero quedaron en inferioridade cun 36% dos votos frente a un 64% dos votos.
A sétima pregunta é: Cres que o novo trazado de circulación que cambiaron en Viveiro é mellor ou peor? Estas son as respostas:
Esta pregunta foi a mais reñida de todas xa que quedou igualado o gráfico porque a xente pensa igualmente que é peor e a demais pensa que é millor polo que é a pregunta máis reñida de todas.
A oitava pregunta di así: Qué transporte utilizas mais o público ou o privado? Estas foron as respostas:
O transporte que máis se utiliza é o privado cun 76% dos votos pasou por enriba do público que acabou cun 24% dos votos.
A última e novena pregunta di: Con que frecuencia utilizas os medios de transporte públicos ( mensualmente,todos os días ou anualmente). Estas foron as respostas:
Así quedan as últimas respostas gañando mensualmente cun 42% dos votos, de seguido vai anualmente cun 30% dos votos e logo todos os días cun 28% dos votos. Polo que a xente utilizaos máis mensualmente que as demais respostas posibles.
Tarefa de Lucía, Valeria e Javier. 1º A
Maltrato Animal
Maltrato Animal
O maltrato animal é o dolor innecesario ou estrés ao animal.O maltrato directo, que consta en non proporcionar os coidados básicos, a tortura ou o asesinato dun animal, e o maltrato indirecto, que é cando eres testemuña ou apoias o maltrato ou tortura dalgún animal e non fas nada para impedilo.
Cada vez enténdese máis que os animais domésticos son unha responsabilidade, non un xoguete, e que polo tanto temos a obriga de coidalos coa debida dilixencia. O abandono pode considerarse como un maltrato se consideramos que na rúa, estradas ou pechados, os animais non poden preverse por si mesmos de comida, auga, abrigo e protección da súa saúde.
Todo tipo de animais deben de ser ben tratados.
Aplicación
O Observatorio de Xustiza e Defensa Animal presentou Alerta Animal, unha aplicación pioneira en Europa e a primeira en España para denunciar casos de maltrato aos animais directamente desde dispositivos móbiles.
Esta App, de descarga gratuíta a través do enlace http://bit.ly/AppAlertaAnimal é de exclusiva validez en territorio español. Permite tamén achegar fotografías ou vídeos á denuncia, indicar a localización exacta do suceso a través de coordenadas GPS e escribir un relato dos feitos.
App de Maltrato Animal en Play Store (gratuíta), ocupa no teu dispositivo móbil só (3,15 megas).
Caso en España de Maltrato Animal
Condenados a unha multa de 600 euros por enterrar vivo a un can.
O xulgado de Alcalá de Henares condenou a dous homes, un deles propietario dun can ao que fracturou o cranio dun disparo e enterrouno vivo en esterco, a unha pena de dous meses de cárcere polo delito de maltrato de animais domésticos. Pero a prisión para o dono do animal e seu acompañante substituíuse por unha multa de 600 euros.
Entrevista
Como actuarías no caso detectar algún tipo de Maltrato Animal?:
Intentaría informarme ben, e no caso de que así fose denunciaría.
Estás de acordo con que un maltratador animal vaia ao cárcere?:
Sí, porque creo que calquera tipo de maltrato, tanto sexa a persoas como a animais debe de ser castigado.
Parécenche os touros outro tipo de maltrato animal? Por que?:
Sí, porque os espectadores disfrutan co sufrimento do touro.
Se tiveras algunha mascota, maltrataríala?:
Non, no último caso deixaríaa no canil.
Se foras policía, á persoa que fai maltrato animal, poríaslle unha multa de moito diñeiro? De canto?:
Se estivese da miña man, sí. De 600 euros tranquilamente.
Se atopas un animal con indicios de sufrir maltrato, que farías?:
Pois adoptaríao e levaríao á veterinaria.
Cal cres que é o animal máis maltratado?:
O can
Adoptarías algún can dun canil?:
Sí.
Se foras maltratador sentiríaste moi culpabel?:
Pois ao cabo dun tempo sí que me sentiría culpabel.
FOTOS
Lucas e Sara, 1º A
venres, 13 de maio de 2016
A VIOLENCIA DE XÉNERO
A violencia de xénero é unha violencia que se exerce principalmente as mulleres polo mero feito de selo. O home neste caso pode provocarlle problemas físicos e psicolóxicos, por provocarlle sucesos que non cómpre mencionar
Hai 5 tipos de violencia de xénero:
• Física: É a violencia que máis se ve polo mero feito de que deixa negróns e feridas abertas.
• Psicolóxica: É a violencia na que se insulta e se fai dano á autoestima da muller neste caso e en moitos máis.
• Económica: É a violencia na que o agresor se fai dono do soldo da vítima obrigándoa a pedirlle diñeiro aos familiares da muller neste caso.
• Social: É a violencia na que se limitan os contactos da muller e o contacto coa súa familia
• Sexual: É a violencia na que o agresor fai que a muller sexa vulnerable e lle permita ao agresor ter relacións sexuais.
Agora mostraremos diagramas de sectores e de barras para mostrar o número de vítimas.
A violencia de xénero é un problema que debemos remediar por medio dos tribunais de xustiza para impartir a lei á xente que cre que os homes son superiores ás mulleres e viceversa. Tamén debemos concienciar os novos porque a maioria de casos dados en España son provocados por eles mesmos.
E ti, se estás sufrindo maltrato por parte da túa parella ou cres que alguén o esta sufrindo chama ao 061 que é un teléfono contra os malos tratos.
Se che fai dano, non te quere!
Marta, Alejandro e Nuria, 1º A
OS COCHES ELÉCTRICOS: FUTURO E POSIBILIDADE
*A venda deste tipo de vehículos creceu un 175% respecto ao ano pasado.
Actualmente, os curiosos e modernos coches eléctricos, están aumentando visiblemente no mercado español e prometen substituir os actuais coches propulsados por combustión, aínda que temos unha pequena cantidade destes vehículos, exactamente, 1055 en toda España. No que levamos de ano, estes vehículos creceron un 175% respecto ao ano pasado. “Será o futuro dos automóbiles eléctricos?” Tamén ten a vantaxe de que produce que isto disminúa a contaminación e o quecemento global que se encontra en números vermellos. É certo que non son poucos os establecementos que xa ofrecen enchufes nos que poidan realizarse recargas das baterías que impulsan estos motores, aínda que poida que a solución se encontre en establecementos donde pode substituirse a batería vacía por unha completamente recargada en cuestión de minutos. Os datos demostran que non son poucos os que decidiron vender o seu coche de segunda man para pararse aos beneficios dos enchufables, que veñen representados por un baixo consumo e unha conciencia ecolóxica na que os motores de combustión nunca podrán acceder.
Actualmente poden encontrarse modelos de coches eléctricos capaces de alcanzar ata uns 700 kilómetros de autonomía sin resentirse nas súas prestacións. Esta cifra é similar en moitos casos ás que ofrece un motor de combustión. (Ao que aos consumidores lles fai un mercado moi interesante). En definitiva, poida que os coches eléctricos non sexan actualmente o presente da automoción, pero queda claro que se está traballando interesadamente para que o sexan no futuro e que os condutores poidan confiar máis neles.
(Patricia Roca Maseda) (Noelia Fernández Lareo) (Hugo Timiraos Gómez)
1ºESOA
martes, 10 de maio de 2016
POR QUE TODOS OS ADOLESCENTES SE FAN HIPSTER?
Esta moda comeza no 2015 cunha revolución estética que afecta a todos os adolescentes de hoxe en día.
Non só cambia a forma de vestir senón tamén na forma de falar, pensar, peitearse, relacionarse...etc
Hoxe en día moitos adolescentes da miña idade (13 anos e medio) o 35,7% vólvense hipster e a cantidade segue subindo cada vez máis. Isto non só nos afecta a nós senón tamén á xente dende os 19 aos 27 anos. E tamén afecta aos famosos como Justin Bieber, Rihanna, Katy Perry...etc
Mestúrase un look bastante agresivo porque se orixina na rúa e destaca pola combinación da roupa.
Á veces non só ten que ser agresivo senón tamén se pode mesturar ‘’o pijo’’. Por exemplo, este "outfit" consta dea parte "pija" que sería a camisa que dá unha imaxe moi profesional e mais un toque vintage, a continuación a saia é hipster total xa que é de coiro. As medias, o bolso e a pulsera son complementos inecesarios neste look.
Nesta reportaxe non só son protagonistas as rapazas senón que os rapaces van adquirindo a moda hipster nun 42,8% .
O estilo dos rapaces está máis preto do vintage xa que levan barba, gafas, tirantes… e ademais levan estilos máis variados ca os das rapazas.
Hai moitas variedades de complementos para estes looks
Consellos para facerse hipster
Os hipsters son complicados, encántalles a natureza, son intelixentes e intrigantes. É fácil ver as razóns polas cales a alguén lle gustaría ser hipster.
Para ser hipster debes ter paciencia e seguir completamente estes pasos.
1 Observa os hipsters verdadeiros. é moi probable que al menos haxa un hipster no teu instituto. Se é así, observa que fai e como se viste.
2 Encontra un pasatempo. Todos os hipsters teñen polo menos un pasatempo. Xa sexa fotografía, a poesía, tocar a guitarra, tecer, reciclar ou pintar. Se che interesa algo, debes facelo. É moi hipster dedicar o teu tempo a certas cousas.
3 Debes ser un amante da natureza. Usualmente sempre reciclan e só compran produtos biodegradables. Se non es así, non te preocupes non é moi difícil. Empeza con cousas pequenas, podes plantar os teus propios vexetais.
4 Encontra bandas descoñecidas. Os hipsters escoitan a unha multitude de xéneros, pero talvez o máis importante é que sexan cancións que ninguén escoitara. Un hipster sempre ten moita música no seu iPod de primera xeración, con seus grandes audífonos de Urban Outfiters.
5 Vístete ao estilo vintage. O armario dos avós é unha bo apoio.
6 Busca o calzado axeitado. Botas vaqueiras, de combate, zapatos vintage, sen tacón, vintage...
7 Usa accesorios enormes para gardar as túas cousas.
8 Combina “mal” e en capas. Usar capas e cousas que non combinan é propio do hipster.
9 Vai a onde vaian os demais hipsters.
10 Ten citas con outros hipsters. Conecataredes facilmente.
11 Perfecciona o teu sentido do humor. Os hipsters adoitan ter retranca.
12 Prepárate para as críticas. Os hipsters son frecuentemente parodiados, porque non son do agrado dalgunhas persoas.
Fátima. 1º A
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
