Nome e apelidos:..............................................................................................................................
Curso:...............................................................................................................................
Data: ...............................................................................................
1 . Subliña os prefixos das seguintes palabras e escribe unha palabra máis con cada un deles:
refacer – inhumano – preescolar – subdirector – descansar.
2. Escribe a palabra con pre- que corresponda:
- a) Dicir, anunciar algo que vai suceder no futuro.
- b) Xulgar por anticipado, antes de ter motivos.
- c) Etapa educativa anterior ao ensino primario.
- d) Sentir ou percibir algo antes de que ocorra.
- e) Ver ou supoñer con anticipación o que vai pasar.
- f) Disposto, de antemán, a facer algo.
- g) Primeira fase dun lavado para que quede ben.
- h) Etapa da historia anterior á invención da escritura.
3. Localiza os verbos neste texto e indica as formas non persoais de cada un deles.
Hai moito tempo, nunha illa deshabitada nas beiras do Mar Vermello, vivía un parsi en cuxo sombreiro os raios do sol se reflectían cun esplendor máis que oriental. E o parsi vivía xun to ao Mar Vermello con nada máis ca o seu sombreiro, o coitelo e un forno deses que non debes tocar nunca. Un día colleu fariña, auga, pasas, ameixas e azucre e outras cousas e pre- parou unha torta que tiña sesenta centímetros de ancho e noventa de alto. Era Súper Comes- tible, e meteuna no forno porque só a el se lle permitía cociñar nese forno, e tívoa cocendo, cocendo ata que se puxo marrón, e emocionaba o ben que recendía. Pero xusto cando estaba a piques de comela...
R. Kipling: How the rhinoceros got his skin, ed. Rabbit Ears (trad.)
4. Analiza os seguintes verbos como no exemplo:
pagaramos: 1ª p. de plural do antepretérito do verbo pagar.
traballará
comiches
aplaudide
escribisen
correriades
falabamos
chamo
varran
cantou
partirán
varrías
saltaban
5. Corrixe as letras que deban ir en maiúscula:
A dra. branco vivía na avda. de castrelos, moi cerca da casa de uxía. todos os días saía da casa co seu carriño da compra, chegaba ao merca- do, saudaba, compraba o necesario e saía. logo paraba na cafetería triana e pedía un café. lía o periódico e marchaba para a casa. a doutora era unha muller de costumes fixos, por iso ninguén entendeu que lle puido pasar aquel día no que todo cambiou.
6. Pon minúsculas cando non sexan necesarias maiúsculas:
– Había uns turistas Alemáns que se perderon no Monte Pindo.
– O Concelleiro está preocupado pola contaminación do Río Sar.
– Todos os Mércores de Febreiro vai vir un Profesor novo.
– A Señora Luísa chegou tarde porque estaba cortada a Rúa das Hedras.
– O Martes coñecín uns rapaces Ingleses.


