luns, 7 de marzo de 2016

OPINIÓNS VARIADAS: 8 DE MARZO

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día internacional da muller traballadora conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e o seu desenvolvemento como persoa.
Celébrase o 8 de marzo de cada ano. Tamén é festa nacional nalgúns paises.
No incendio que ocorrera no 1911 nunha fábrica de camisetas en Nova York morreran 146 mulleres e 71 resultaron feridas de gravidade. Esta foi unha das causas desta celebración e tamén a reivindicación do seu soldo e horas de traballo.
A miña opinión é: a escravitude das mulleres ten que rematar.
(Javier Joven. 1º A)






Paréceme francamente mal o que fixeron os donos da fábrica, é unha vergoña que a xente sexa tan machista.


 

(Marta Rodríguez Casás, 1º A)


A MIÑA OPINIÓN: Sei que hai traballos que as mulleres non podemos facer pero o que non me parece normal é que os homes crean que non podemos facer nada. No meu antigo colexio os nenos non deixaban xogar as nenas porque disque non sabiamos xogar ao fútbol.
Hai cousas que podemos facer homes e mulleres porque somos iguais.
O color rosa non é só para mulleres senón para homes tamén, e a ximnasia rítmica non é só para mulleres senón tamén para homes.

(Fátima Mané. 1º A)

Eu creo que home foi un inhumano xa que elas so querían igualdade, aínda hoxe en pleno século XXI segue sendo moi machista  así que eu xa estou farta de que os homes se crean superiores ás mulleres.

(Nuria Díaz Otero, 1º A)
    



Ningún comentario:

Publicar un comentario