martes, 8 de marzo de 2016

Máis opinións do alumnado

O día da muller  traballadora

O día da muller traballadora consiste en conmemorar  cando  o abuso, a explotación e

a impunidade causaron a morte de cento corenta e seis mulleres e outras resultaron

queimadas  ou mortas porquese arroxaron ante o temor das chamas.

A MIÑA OPINIÓN : Paréceme inxusto que se xulguen as persoas polo sexo e che poñan límites por ser muller.
(Patricia Roca, 1º A)
 

A miña opinión: Eu penso que as mulleres e os homes nos debemos respectar por igual porque todos somos persoas. (Lucas, 1º A)
Pola miña parte isto que fan é agradable para min, xa que son muller e agradezo que se faga isto. Tamén porque unha muller traballadora aguanta moitas horasduras de esforzo e moito sacrificio.
(Lucía Vidarte, 1º A) 




OPINIÓN: Creo que temos que loitar polos nosos dereitos porque non é normal traballar unha barbaridade de horas para despois cobrar o xusto para vivir mentres que outros realizan traballos moito menos custosos e teñen uns soldos magníficos. Por outra parte melloramos positivamente no aspecto de poder traballar onde queiramos independentemente do sexo ou raza que teñas. Aínda así é moi raro ver a un home de limpador ou a unha muller de leñadora.
 (Sara Baz, 1º A)


OPINIÓN PERSOAL
Para min, todo o mundo é igual, sen depender da raza ou status social. Espero que todo o mundo impoña a igualdade e paz mundial. Espero que dentro dun tempo, todo iso se consiga.
(Edgar, 1º A)

Ningún comentario:

Publicar un comentario