venres, 13 de maio de 2016

A VIOLENCIA DE XÉNERO



A violencia de xénero é unha violencia que se exerce principalmente as mulleres polo mero feito de selo. O home neste caso pode provocarlle problemas físicos e psicolóxicos, por provocarlle sucesos que non cómpre mencionar

Hai 5 tipos de violencia de xénero:

• Física: É a violencia que máis se ve polo mero feito de que deixa negróns e feridas abertas.

• Psicolóxica: É a violencia na que se insulta e se fai dano á autoestima da muller neste caso e en moitos máis.

• Económica: É a violencia na que o agresor se fai dono do soldo da vítima obrigándoa a pedirlle diñeiro aos familiares da muller neste caso.

• Social: É a violencia na que se limitan os contactos da muller e o contacto coa súa familia

• Sexual: É a violencia na que o agresor fai que a muller sexa vulnerable e lle permita ao agresor ter relacións sexuais.

Agora mostraremos diagramas de sectores e de barras para mostrar o número de vítimas.


   

A violencia de xénero é un problema que debemos remediar por medio dos tribunais de xustiza para impartir a lei á xente que cre que os homes son superiores ás mulleres e viceversa. Tamén debemos concienciar os novos porque a maioria de casos dados en España son provocados por eles mesmos.
E ti, se estás sufrindo maltrato por parte da túa parella ou cres que alguén o esta sufrindo chama ao 061 que é un teléfono contra os malos tratos.

Se che fai dano, non te quere!


Marta, Alejandro e Nuria, 1º A

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario