luns, 23 de maio de 2016

100 ANOS DE IRMANDADES DA FALA!


Parabéns as todas as persoas que participaron nesta montaxe!

OS REFUXIADOS

Os refuxiados

Os refuxiados vense forzados a fuxir porque non dispoñen da protección necesaria por parte do goberno do seu propio país.

No século XX a inmigración afectou a 17 millóns de persoas.
Def. Refuxiado século XX:”a persoa que debido a fundados temores de ser perseguida por motivos de raza, relixión, nacionalidade, pertencia a determinado grupo social ou polas suas opinións políticas, se encontra fóra do país da súa nacionalidade".


-EAPN Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, representantes de máis de 160 organizacións de acción: O 46,8 % da cidadanía galega non marca o casilleiro de fins sociais:
Un total de 596.995 contribuíntes non marcan ningún casilleiro, nin de Fins Sociais nin da igrexa. Se estas persoas marcaran o X de Fines Sociais recadaríanse 26,6 millóns de euros. Marcar un casilleiro non significa que se paguen máis impostos ni lle devolven menos, dos impostos que tocan pagar, o Estado permite que a persoa contribuínte decida a quen lle quere destinar o 0,7% dos impostos que teñen obriga de pagar. 


-Marca a casiña:)

DATO:Só hai un país o cal que está tratando bastante ben os refuxiados: España; pola contra,  outros países, o único que fan é dicir que non é respondabilidade deles. Exemplo destes países temos a Grecia que os agrupa en centros e dálles de comer, un teito e roupa. Pero claro isto non se proporciona gratis e estase a quedar sen comida, nin bebida etc.

-Nós tamén fomos refuxiados

Durante a Guerra Civil existiu o exilio republicano español. O exilio republicano español refírese o conxunto de cidadáns españois que, durante a Guerra Civil española de 1936 a 1939 e á inmediata posguerra, víronse forzados a abandonar a súa terra natal e desprazarse a outros países, por motivos políticos e ideolóxicos, ou por temor ás represalias por parte do bando vencedor e do réxime político autoritario instaurado en España, permanecendo no estranxeiro ata que a evolución das circunstancias internas do país lles permitiu regresar paulatinamente, aínda que foron moitos os que finalmente se integraron nas sociedades que lles deron refuxio, contribuíndo  nalguns destacados casos ao seu desenvolvemento.
(inmigrantes españois chegando a Venezuela)

-Refuxiados actuais

Os refuxiados actuais proveñen de Siria, país que está en medio dunha guerra civil que empezou aproximadamente no 2010 e que enfronta  “ as forzas armadas de Siria, do Goberno do Basha Al-Asad” contra a “oposición Siria” un grupo de terroristas que quere botar a o presidente do poder. Pero tamén son refuxiados porque actualmente Siria é un dos países con máis exércitos armados e máis perigosos, terroristas. Un destes son Al Qaeda e o Estado Islámico.

Dato:Actualmente hai unha cantidade de  4.837.208 refuxiados

 
Hoxe en día...
A violencia está moi mal vista. Demóstrase, por exemplo no vídeo da periodista que lle fai unha cambadela a un refuxiado. Esta ao final acabou despedida e o refuxiado sendo un adestrador dun equipo importante da liga española. Pero demóstrase que as persoas emociónanse máis ao ver imaxes como esta que cando escoitan que están morrendo persoas.
Isto hoxe en día é un mal moi grande. Dado que lles afecta máis á persoas un vídeo, que un artigo ou unha información sobre o que acontece.




Laura Rubal e Xoel, de 1º A.
Nota da profesora; (Esta é a visión que teñen estes alumnos sobre os refuxiados)

BLOQUES DIALECTAIS